De regreso ao país, Pereiro figurou nas antoloxías colectivas recollidas baixo os títulos De amor e desamor (1984) e De amor e desamor II (1985), compilacións en que figuran nomes como Pilar Pallarés, Miguel Anxo Fernán-Vello, Manuel Rivas, Xavier Seoane, Francisco Salinas, Xulio Valcárcel, Lino Braxe e outros poetas de moi diferentes tendencias mais que partillaban inquedanzas culturais. Entre as iniciativas conxuntas deste grupo heteroxéneo destaca o sostimento da revista Luzes de Galiza, onde viron a luz —para alén do ensaio xa citado— os oito primeiros capítulos da súa novela inconclusa Náufragos do paradiso.
En vida Pereiro só publicou dúas obras, Poemas 1981/1991 (1992) e Poesía de amor e enfermidade (1995), duros e espidos poemarios en que se fan patentes as pegadas expresionistas, as referencias á literatura xermánica e certos trazos da contracultura.
A morte sobreviríalle na cidade Coruña en 1996.
| Non dispoñíbel | ||||||
| Non dispoñíbel | ||||||
| Non dispoñíbel | ||||||
| | ||||||
| | ||||||
· Poesía última de Amor e Enfermidade O corredor de fondo perde o alento fuxindo dunha vida inzada de renuncias da súa liturxia obesa e oleosa, mediocre nos seus comunais fracasos, bágoas de xelo, indignación contida non deu chegado a tempo de exercer a súa rebelión, nin de levar a cabo a súa vinganza definitiva contra un mundo inxusto, homicida, e cruel, pola inutilidade da súa propia vida solitario, enfermo e fatigado, | ||||||
No hay comentarios:
Publicar un comentario