jueves, 12 de mayo de 2011

Lois Pereiro

Homenaxeado Ano 2011

Lois Pereiro (Monforte de Lemos, 1958-A Coruña, 1996)

Autor de culto, representante da eclosión creativa dos 80 e da contracultura. "Nas letras galegas constitúe unha liña de intensidade vital e de formas contemporáneas. Alguén, como di Manuel Rivas, semellante á figura de Manuel Antonio nos anos 20". Con estas palabras presentaba Méndez Ferrín, presidente da Real Academia Galega (RAG) a Lois Pereiro, o autor que se homenaxea no Día das Letras Galegas 2011. Del dixo tamén Manuel Rivas: "é un mito contemporáneo. A súa obra é vangardista, universal e tamén dramática, pero con moito alento. Lois Pereiro invoca aos bos espíritos, as marabillas, a rebeldía e a xenerosidade”
Tristemente convivo coa túa ausencia
sobrevivo á distancia que nos nega
mentres bordeo a fronteira entre dous mundos
sen decidir cal deles pode darme
a calma que me esixo para amarte
sen sufrir pola túa indiferencia
  • Antoloxía (2011)
  • Modesta proposición e outros ensaios (2011)
  • Obra poética completa (2011)
  • Obra completa (edición bilingüe) (2011)

No hay comentarios:

Publicar un comentario