jueves, 12 de mayo de 2011

Lois Pereiro: autor homenaxeado no día das letras galegas


Nacido en Monforte de Lemos o 16 de febreiro de 1958 e fallesido na coruña el 24 de maio de 1996.
Foi escritor e poeta en lengua galega, en 2011 homenaxouse por o dia das letra galegas.

dos poemas de luz e somras resucitado

Tristemente convivo coa túa ausencia
sobrevivo á distancia que nos nega
mentres bordeo a fronteira entre dous mundos
sen decidir cal deles pode darme
a calma que me esixo para amarte
sen sufrir pola túa indiferencia
a miña retirada preventiva

cero a ezquerda

O corredor de fondo perde o alento

fuxindo dunha vida inzada de renuncias
da súa liturxia obesa e oleosa,
mediocre nos seus comunais fracasos,
bágoas de xelo, indignación contida
non deu chegado a tempo de exercer
a súa rebelión,
nin de levar a cabo
a súa vinganza definitiva
contra un mundo inxusto, homicida, e cruel,
pola inutilidade da súa propia vida
solitario, enfermo e fatigado,
a morte anticipouse e chegou antes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario